viernes, 20 de diciembre de 2019

Que realizamos na semana do 16 ao 20 de decembro no CEIP Xoaquín Loriga de Prado?



Boas noites familias!

Durante esta semana no Concilia Lalín do CEIP Xoaquín Loriga continuamos traballando a temática do Nadal, realizando nestes días actividades tan interesante como a decoración da porta con gran Papá Noel, fixemos postais e sobres navideños, decoramos uns regalos para poñer onda a nosa árbore de Nadal, creamos unhas curiosas bólas de cristal navideñas e uns portafotos. 





























Mesmo gozamos dunha sesión de cine na que vimos a película “El cascanueces y los cuatro reinos”.






















E sen dúbida, nesta semana o xogo libre estivo repleto de grandes dotes de imaxinación, creando circuítos moi orixinais, transformando os espazos e incluso caracterizándonos con distintas prendas.
























“Si mal no recuerdo, la infancia consistía en tener ganas de aquello que no se podía conseguir” (Audur Ava Ólafsdóttir).

Que teñades todas e todos unhas felices festas!

lunes, 16 de diciembre de 2019

Programación da semana do 16 ao 20 de decembro do Concilia Lalín do CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza

Programación da semana do 16 ao 20 de decembro de 2019

“ Achégase o Nadal ”

Concilia Lalín- CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza

Bo día familias!
A continuación podedes ver as actividades propostas polo equipo de monitoras para esta semana. Se queredes ver o noso día a día no Concilia Lalín do CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza, non tedes máis que visitar o noso perfil de Facebook na seguinte ligazón:





"Jugar da a los niños la oportunidad de practicar lo que han aprendido" (Fred Rogers)

domingo, 15 de diciembre de 2019

Programación de actividades do 16 ao 20 de decembro no Concilia Lalín do CEIP Xoaquín Loriga


Programación da semana do 16 ao 20 de decembro de 2019

“O Nadal”

Concilia Lalín- CEIP Xoaquín Loriga

Bo día familias!

A continuación podedes ver as actividades programadas para esta semana. Se queredes ver o noso día a día no Concilia Lalín do CEIP Xoaquín Loriga, podedes visitar o noso perfil de Facebook na seguinte ligazón: https://www.facebook.com/concilia.lalin.7


"Jugar es la forma favorita de nuestro cerebro de aprender" (Diane Ackerman)

sábado, 14 de diciembre de 2019

Que traballamos na semana do 09 ao 13 de decembro no CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza de Vilatuxe?

Moi boas tardes a todos e todas!

Durante esta semana, no Concilia Lalín do CEIP Plurilingüe Vicente Arias de la Maza,  aproveitando a conmemoración do Día Universal dos Dereitos Humanos (o 10 de decembro), traballamos en relación con esta temática xogando e aprendendo.  
A primeira actividade foi: Mural dos dereitos humanos. Pintar coas mans foi moi divertido e, ademais, aprendemos moito sobre os nosos dereitos!

La imagen puede contener: una o varias personas y personas sentadasNo hay ninguna descripción de la foto disponible.










La imagen puede contener: una o varias personas, personas sentadas, mesa e interior

Tamén fixemos un xogo de rol a través do que analizamos e reflexionamos sobre as nosas propias necesidades.

No hay ninguna descripción de la foto disponible.



A seguinte actividade a desenvolver tratou sobre as necesidades básicas, a cal consistía en facer, primeiramente, unha choiva de ideas sobre as que consideraban como necesidades básicas dos seres humanos, para logo realizar individualmente unha lista coas cinco máis importantes e un debate sobre as necesidades escollidas por cada persoa e, relacionalas cos Dereitos Humanos
                                                     
La imagen puede contener: una o varias personas, personas sentadas, niño(a), mesa e interior
     


E, para rematar a semana, tivemos un contacontos para reflexionar sobre os dereitos humanos, as necesidades básicas e as diferenzas sociais.


La imagen puede contener: una o varias personas, mesa e interior



Foi unha semana moi interesante e na que aprendemos moito á vez que nos divertimos.


"Todas as persoas teñen iguais dereitos á liberdade, á súa prosperidade e á protección das leis." Voltaire.


Que teñades todos e todas unha moi boa fin de semana!




viernes, 13 de diciembre de 2019

Que fixemos na semana do 9 ao 13 de decembro no CEIP Xoaquín Loriga de Prado?


Boas noites familias!

Ao longo desta semana no Concilia Lalín do CEIP Xoaquín Loriga traballamos a temática do Nadal, gran protagonista do mes de decembro. A raíz de iso decoramos as ventás con témperas, creamos adornos para as nosas árbores de nadal, fixemos e decoramos unha árbore de Nadal, decoramos botas ou mesmo vimos a curtametraxe “Tamara”. Para que vexades como foi todo isto quedan aquí unhas fotos ilustrativas.






















Aquí vos queda o enlace da curtametraxe por se a queredes ver:

Con respecto ao xogo libre, pódese facer referencia a gran creatividade dos cativos e das cativas, creando circuítos tan interesante como o que vedes na imaxen.

















“La infancia es una etapa maravillosa. No hay pasado, no hay futuro; sólo un presente que se mira con inocencia e ilusión” (Carla Montero).

Que teñades todos e todas unha boa fin de semana.


Así transcorreu a semana do 9 ao 13 de decembro no Concilia Lalín do CEIP Manuel Rivero


Temática semanal: AHÍ VEN O NADAL 

Bo día familias! A continuación podedes ver un resumo das actividades realizadas e do vivido no Concilia Lalín do CEIP Manuel Rivero na segunda semana de decembro.
O Nadal inunda as vilas e o espírito navideño chegou ao Concilia para celebrar estas datas con entusiasmo e ilusión. Os máis pequenos e pequenas viven con afervoamento todas as tradicións que durante o mes de decembro e parte de xaneiro realizan para festexar estas datas: poñer a árbore en familia, escribir as cartas aos Reis Magos, a Papá Noel, ao O apalpador.... Tamén a comida típica, as decoracións e as luces de Nadal. 

Así mesmo, fumos concientes de que dependendo do lugar onde vivamos as tradicións varían... puidémolo comprobar vendo o seguinte vídeo de Olaf, unha das personaxes preferidas dos cativos e cativas das películas de Frozen:



Aproveitando estas datas tamén quixemos reflexionar sobre a cantidade de xoguetes que pedimos e as cousas materiais que se nos veñen á cabeza cando nos preguntan que queremos para o Nadal deste ano, pero.... e se pedimos cousas inmateriais?... Cales credes que pediron os nenos e nenas do Concilia Lalín do CEIP Manuel Rivero?

Por exemplo: que desapareza a contaminación, facer moitos amigos e amigas, paz no mundo, ter saúde, o non maltrato animal ...

Os nenos e nenas fixeron uns bonecos para colgar nas árbores de Nadal das súas casas. Os bonecos eran especiais, pois dentro gardaban desexos para estas datas e para o ano novo. 

Tamén quedou tempo para realizar a actividade "Mírate ao espello" para que os cativos e cativas mirándose a un espello dixeran cousas positivas sobre eles e elas mesmas e como non, sobre os seus compañeiros e as súas compañeiras. Como custa ás veces expresar os nosos sentimentos!
Aproveitamos tamén para traballar o recoñecemento das emocións na nosa cara, aquí tedes unha mostra: 






Nos seguientes enlaces podedes obter máis información sobre a importancia de mirarse ao espello e os seus beneficios nas primeras etapas do desevolvemento dos cativos e cativas: 


"A maxia do Nadal son as persoas
 que fan que cada ano pase voando"

Gozade destas datas en familia



lunes, 9 de diciembre de 2019

Programación do 9 ao 13 de decembro do Concilia Lalín do CEIP Manuel Rivero

Programación da semana do 9 ao 13 de decembro de 2019

“ Aí ven o Nadal  ”

Concilia Lalín- CEIP Manuel Rivero



Se este Nadal non sabes que agasallar, regala amor!